Actualidade

Saídas á piscina climatizada de Arzúa

Para todas as idades. A saída realizarase un día á semana á piscina climatizada de Arzúa. Dará comezo no mes de novembro.

Subvención para rehabilitación de vivendas.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo ven de facer publico a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de vivendas nas parroquias polas que transcorre o Camiño de Santiago, no noso caso Ánxeles, Boimil, Boimorto e Sendelle.
Esta subvención unese ás xa convocadas para todo o ámbito da comunidade galega e que se viñan tramitando dende o Concello.
Mais información e solicitudes na Casa do Concello.

Escolas Deportivas Municipais e Ximnasia de Mantemento

O luns 19 de setembro ábrese o prazo para inscribirse nas escolas deportivas municipais e tamén para a ximnasia de mantemento nas parroquias. Terá que haber un mínimo de 8 inscritos para que haxa grupo de ximnasia na parroquia. O prazo de inscrición remata o xoves 29 de setembro. Para inscribirse chamar por teléfono ó 981 51 60 20 ou ben pasar polas oficinas da Casa do Concello.

Páxinas

Subscribirse a Actualidade