Rede Xiana - Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Boimorto, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Toques, Curtis, Arzúa, Boimorto, Vilasantar e Sobrado.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.
O concello de Boimorto achega as súas instalacións municipais para a impartición de acción formativas de “ Produtor/a de hortalizas ecolóxicas” e “ Actividades auxiliares en agricultura”.
As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizda e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.
O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

Categoría: