Cultura

Certame de Cantares de Reis

Sábado, 3 Xaneiro, 2015 - 16:30

Este ano teremos o Certame de Cuadrillas o día 3 de xaneiro, arredor das 4 e media da tarde no Polideportivo Municipal. Animámosvos, un ano máis a participar como cuadrilla ou como público.

Se montades unha cuadrilla podedes anotarvos no Concello ou na dirección de correo silvia.cea@boimorto.es .

Belen Vivente.

Domingo, 28 Decembro, 2014 - 17:00 a Luns, 29 Decembro, 2014 - 16:59

Despois do éxito do ano pasado imos realizar de novo un Belén vivente na igrexa parroquial de Boimorto, será o domingo 28 de decembro.

Contaremos cos nenos e nenas que escenificarán o Belén e cun concerto de Nadal.

Comezaremos a partir 17 horas.

Inicio do Servizo de Transporte

Xoves, 8 Xaneiro, 2015 - 00:00 a 23:59

Tralo descanso de nadal volvese a poñer a funcionar o servizo de transporte polas parroquias ata o Centro de Maiores no horario de sempre.

Cabalgata de Reis

Luns, 5 Xaneiro, 2015 - 18:00 a Martes, 6 Xaneiro, 2015 - 17:59

O luns día 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente pasarán por Boimorto, visitando primeiro as residencias de maiores; e sobre as 6 da tarde, se o tempo o permite, sairán da Casa do Concello para facer un percorrido polo centro do pobo e rematar no Polideportivo onde atenderán a todos os cativos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura