Cultura

Bando Aula de informática - Biblioteca

Faise publico o Bando onde se anuncia o horario de apertura da Biblioteca/Aula de informática.

CENTRO DE MAIORES

O 9 de xullo celebraremos a comida de fin de temporada do centro de maiores.
Tamén recordamos que o centro estará aberto ata o xoves 24 de xullo. A partir dese día o centro cerrará e deixará de prestarse o servizo de bus ata o mes de setembro.

FESTA DOS NOSOS MAIORES

Sábado, 2 Agosto, 2014 - 00:00 a 23:59

Este ano o concello de Boimorto quere retomar a Festa para os seus maiores.
Pasarase polas casas repartíndose a invitación pero despois haberá que ir ó concello a recoller a entrada para poder ir comer.
Esperamos que sexa do voso agrado esta comida que pensamos que é tan valorada e importante para poder xuntarvos a todos/as nun día de festa.

FEIRA DE ÉPOCA NO CONCELLO DE BOIMORTO

Sábado, 2 Agosto, 2014 - 00:00 a 23:59

O sábado 2 de agosto celebrarase na Telleira a primeira Feira de Época. Estará ambientada no mediado do século pasado e animamos ós asistentes a que veñan vestidos acorde coa feira ( saias longas, zocos, pañoletas na cabeza, pantalóns de pana, chaleco…, como se vestía aquí hai anos).
Contaremos con postos de artesanía, de pulpo para o queira comer na feira e con música que animará a festa.
Animádevos e formade parte desta feira.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura