Cultura

Curso básico de iniciación á informática e á internet para adultos

Curso básico de iniciación á informática e á internet para adultos, para formar grupo deberá haber mínimo 6 participantes, será durante os meses de febreiro, marzo e abril, todos os martes ás 8 da tarde na aula de informática (detrás de ABANCA). Todos/as os/as interesados/as acudir o primeiro día de clase, o 10 de febreiro.

Cabalgata de Reis

Luns, 5 Xaneiro, 2015 - 18:00 a Martes, 6 Xaneiro, 2015 - 17:59

O luns día 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente pasarán por Boimorto, visitando primeiro as residencias de maiores; e sobre as 6 da tarde, se o tempo o permite, sairán da Casa do Concello para facer un percorrido polo centro do pobo e rematar no Polideportivo Municipal onde atenderán a todos os cativos.

I ENCONTRO ARREDOR DOS CANTARES DE REIS

Sábado, 10 Xaneiro, 2015 - 00:00 a 23:59

Coa intención de que sirva de precedente convocamos para o día 10 de xaneiro o I Encontro Arredor dos Cantares de Reis. Contaremos como mínimo coas exposicións de sete amigos dos cantares de Reis e das expresións do folclore que nos darán unha visión destes cantares e costume dende as diferentes culturas peninsulares.

Nin que dicir ten que se trata de xente de recoñecido prestixio no tema e que veñen dispostos a compartir, debater e gozar desta tradición tan nosa e tan de moitas outras culturas.

Certame de Cantares de Reis

Sábado, 3 Xaneiro, 2015 - 16:30

Este ano teremos o Certame de Cuadrillas o día 3 de xaneiro, arredor das 4 e media da tarde no Polideportivo Municipal. Animámosvos, un ano máis a participar como cuadrilla ou como público.

Se montades unha cuadrilla podedes anotarvos no Concello ou na dirección de correo silvia.cea@boimorto.es .

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura