Sábado, 10 Xaneiro, 2015 - 00:00 a 23:59
Lugar evento:
Ainda por definir, en funcion do aforo.
Coa intención de que sirva de precedente convocamos para o día 10 de xaneiro o I Encontro Arredor dos Cantares de Reis. Contaremos como mínimo coas exposicións de sete amigos dos cantares de Reis e das expresións do folclore que nos darán unha visión destes cantares e costume dende as diferentes culturas peninsulares.
Nin que dicir ten que se trata de xente de recoñecido prestixio no tema e que veñen dispostos a compartir, debater e gozar desta tradición tan nosa e tan de moitas outras culturas.