Cultura

Feira Mensual + Concentración de coches clásicos de rally.

Sábado, 2 Xuño, 2012 - 00:00 a 23:59

Na próxima feira do Concello, 2 de xuño, contaremos cunha gran concentración de coches clásicos de rally. Máis de 100 coches farán unha ruta turística dende Lalín ata chegar a Boimorto onde se concentrarán no Campo do Rosario. Unha vez alí poderanse ver durante toda a mañá e tarde.
Contaremos con importantísimas escuderías coma son as de Melide, Lalín, Ourense, Arzúa.

Galego de Cine

Sábado, 5 Maio, 2012 - 00:00 a 23:59

A partir das 16:30h ata as 19:30h,  para os máis novos da casa, de entre 6 e 12 anos, haberá Galego de cine, un proxecto para ver contidos audiovisuais producidos en Galicia e en galego. Esta actividade realizarase nunha caravana ó lado da biblioteca municipal onde se verán unhas películiñas, isto compaxinarase con actividades de comprensión dos filmes, a creación dun conto de principio a fin polos pequenos e cun video-matón onde se gravará o conto inventado. 

Esposición de maquetas de avións.

Sábado, 5 Maio, 2012 - 00:00 a 23:59

O 5 de maio, coincidindo coa feira de mes, a partir das 11h contaremos en Boimorto cunha gran exposición de maquetas de avións de gran tamaño (1’80m aproximadamente). Estarán profesionais explicando o seu funcionamento e poñerán en marcha algún motor. Ademais para todos, e en particular para os/as cativos/as, contaremos cun simulador de voo onde se poderá voar de forma virtual.

Publicado o Decreto de Contratación de persoal para a Miniresidencia e Centro de Dia de Boimorto

Pódese ver na sección de Selección de Persoal para Miniresidencia e Centro de Día do Concello de Boimorto

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura