Lugar evento:
A partir das 16:30h ata as 19:30h, para os máis novos da casa, de entre 6 e 12 anos, haberá Galego de cine, un proxecto para ver contidos audiovisuais producidos en Galicia e en galego. Esta actividade realizarase nunha caravana ó lado da biblioteca municipal onde se verán unhas películiñas, isto compaxinarase con actividades de comprensión dos filmes, a creación dun conto de principio a fin polos pequenos e cun video-matón onde se gravará o conto inventado.
Deberá haber como mínimo un grupo de 20 nenas e nenos que terán que inscribirse previamente. No seu momento xa se lles informará no colexio.
Mentres o grupo de 20 nenos/as realizan as actividades todo aquel que o desexe, grandes e pequenos, e sen previa inscrición poderá ver filmes e subirse á caravana durante as 3h.