Na sección de emprego do Concello poden atopar 2 novas bolsas de emprego convocadas polo Concello de Boimorto: Axuda no Fobar e Xerocultor na Residencia.
Ambalas duas teñen de prazo de presentación o 10 de setembro de 2014 ás 14:00 h.
O Concello de Boimorto en colaboración coa Cruz Vermella pon en funcionamento o servizo de pulseras identificativas no Festival de la Luz 2014.
Todos os pais/nais/titor/es que acudan con menores o Festival, poderán achegarse a carpa que a Cruz Vermella ten ubicada dentro do recinto onde se lles será colocada unha pulsera co teléfono do pai/nai/titor/a os menores para que sexa máis sinxelo a súa localización.
O concello de Boimorto, ante a demanda dalgúns veciños/as, quere solicitar un curso de galego. Estes cursos, gratuítos, son preparativos para despois presentarse ás probas do Celga. O curso dura dous meses aproximadamente e serían dúas horas por clase, cinco días á semana e o horario pódemolo solicitar nós. Hai diferentes niveis, solicitaremos o que consideremos máis apropiado para os que se anoten. Para poder realizar o curso debe haber un mínimo de 20 anotados, por iso ímolo pedir conxuntamente con Mesía e Sobrado.