Na data de hoxe presentouse oferta de emprego na oficina de melide para a cobertura de 2 prazas de Auxiliar de Clínica. O procedemento de selección será mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias segundo a sondaxe de demandantes de emprego realizada pola antedita oficina será como maximo o 4 de outubro de 2016 ás 14:00
Como en anos anteriores o concello de Boimorto vai poñer en marcha a BEBETECA, trátase dun servizo gratuíto destinado a nenos/as de 0 a 3 anos co que se pretende:
Ofrecer un lugar especial de ambiente cálido de estimulación, de xogo e de imaxinación para os nenos e nenas.
Favorecer a relación entre os nenos/as e os seus proxenitores ou coidadores realizando actividades nas que os adultos participen dun xeito activo.