Situación Xeográfica

O Concello esta situado no SE da provincia de A Coruna, adscrivese a area de influencia da Comarca de Arzúa, coa cal linda polo sur xunto con melide. Polo seu costado Oeste linda cos Concellos de Frades e Mesía, ó Norte atopanse os Concellos de Vilasantar e Sobrado dos Monxes. Quedando cunha superficie de 8.260 Ha.

As terras de Boimorto forman parte do que en Galicia se chama terras de montana, que son terras de relieve ondulado, sen chegar a constituir verdadeiras serras nin picos moi altos. De feito o pico máis alto atopámolo nos Montes do Bocelo, o coto das Amieiras que acada 773 metros de altura, o cal contrasta cos escasos 300 metros que atopamos na parte Oeste, preto do limite co vecino concello de Frades. O resto do Territorio ten un relieve bastante suave os picos en todo caso apenas superan os 500 metros de altura, o que os fai moi apropiado para a práctica da agricultura e gandeiria, a base da economía local.

No tocante á productividade os terreos de Boimorto son moi productivos, máis do 67% dos terreos son propicios para os cultivos e a cria de animais, estes terreos repartense por todo o concello aínda que con un pequeno predominio na parte oeste e central do concello, coincidindo coas terras influenciadas pola conca do río Tambre.

Este pequeno predominio sobre as outras zonas debese principalmente a conca do rio tambre que fai que as terras que estan preto dela sexan de maior calidade así como que teña unha maior riqueza acuicola, ademais disto esta zona presenta un relevo moi suave posto que apenas se superan pendentes do 25%. Estas duas circunstancias favoreceron que sexa nesta zona onde se agrupan a maior parte das explotacions gandeiras, tanto de gando vacun coma porcino e avicola.

En canto a hidrografia o concello de Boimorto debido a sua elevada taxa de choivas e a impermeabilidade das suas terras conta numerosas correntes de auga, as principais atopanse o Norte e oeste, por onde discorre o Rio Tambre, servindolle de Limite natural.

Outros rios de menor importancia que se atopan na parte sur do Concello, discorren cara a Arzúa e pasan a formar parte da conca do Río Ulla. Esta riqueza acuícola é unha das razóns polas que o Concello de Boimorto se encontra tan disperso, pois en case todas as partes do Concello o suministro de auga está asegurado, ben sexa por correntes superficiais como subterraneas.