Abriuse o prazo de solicitude do programa de Turismo Social (vacacións) do IMSERSO abrangue do 30 de maio ao 17 de xuño de 2016 para primeiras solicitudes, no caso de ser posterior a estas datas quedarán en lista para cubrir posibles vacantes. As solicitudes estan á súa disposición nos Servizos Sociais do Concello.
* Resultados Campionato Provincial Bádminton: En categoría Benxamín feminino, Noa Chorén acadou o segundo posto e Mara Costoya o oitavo. En categoría Alevín feminino, Silvia García finalizou 5ª e Sabela Lois 8ª; en masculino Iñáki Gayoso acadou o posto 13º. En Infantil feminino, Xoana Ares e Marta Peteiro acadaron os postos 7º e 8º respectivamente. En categoría Cadete masculino, Sergio Cajide rematou nun 5º posto. Dende aquí queremos felicitalos a todos polos resultados e transmitirlles os nosos parabéns. ¡Noraboa Campións!.