Axuda económica do 75% do IPREM mensual ate un máximo de 6 meses.
Beneficiarios/as:
-Persoas desempregadas inscritas nas Oficinas de Emprego, que ata o 15 de agosto de 2011 esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego establecidos na lei, ou ben esgoten algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas.
-Carezan de rendas superiores en cómputo mensual ao 75% do SMI, excluída a parte proporcional de dúas pagas extras.
* Ábrese o prazo para a renovación de matrículas dende o 1 ao 15 de xuño(ámbolos dous incluídos).
* O prazo para as novas inscricións será dende o 20 de xuño ao 20 de xullo(ámbolos dous incluídos).
Información e solicitudes nos Servizos Sociais
En xullo e agosto haberá Taichi nas parroquias. Serán clases dunha hora de duración e dous días á semana. Para formar grupo terá que haber un mínimo de 8 persoas inscritas desa parroquia.
O prazo de inscrición remata o luns día 20 de xuño. As clases comezarán o 1 de xullo.
O prezo é de 20 euros os dous meses.