Ata o 14 de marzo continúa aberto o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo de Persoal laboral fixo conductor de camión de lixo poden ver toda a info ao respecto na sede do Concello ou na páxina web. Ver o anuncio
CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS AOS CONCELLOS DESTINADAS Á EXECUCIÓN DE OBRAS DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E DEPURACIÓN, FINANCIADAS NO MARCO DO EIXE TEACT-UE DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020 PARA O ANO 2021 ( CÓDIGO DO PROCEDEMENTO AU300A) PARA OS SEGUINTES PROXECTOS:
TÍTULO DO PROXECTO:
CAPTACIÓN DE AUGA PARA SUBMINISTRO COMPLEMENTARIO NO DEPÓSITO DE BOIMIL
Os Concellos de Boimorto, Curtis, Sobrado e Vilasantar, poñen en marcha unha iniciativa innovadora, un punto móbil itinerante que permite desfacerse daqueles residuos que, pola súa natureza, quedan fóra dos colectores de lixo habituais (orgánicos, envases, papel ou vidro) permitindo á veciñanza reciclar, de xeito totalmente gratuíto, diferentes tipos de residuos dun xeito eficiente e seguro, evitando así que teñan que desprazarse pola súa conta ás instalacións do punto limpo fixo.