O Concello de Boimorto resultou beneficiario pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia das subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.