O Concello de Boimorto resultou beneficiario pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia das subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
O importe da axuda concedida foi de 16.902,64 € para a contratación dun/ha peón/a cunha duración do contrato de nove ( 9) meses a xornada completa ( procedemento TR350E).
O OBXECTIVO principal destaas axudas é mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado laboral.
RESULTADO: Mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, mediante a prestación de servizos que lles posibiliten ás persoas participantes a realización dun traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo. 

Categoría:





