Cultura

OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL PARA ADULTOS 20:00 a 22:00

Luns, 21 Decembro, 2015 - 00:00 a Mércores, 23 Decembro, 2015 - 23:59

Os días 21, 22 e 23 de decembro desde as 20 ás 22 horas. Curso de cociña impartido por Manuel Garea, elaboraranse pratos típicos de Nadal no centro de maiores.

Prezo: No caso de 10 participantes o prezo sería de 25 €; 16,50€ no caso de 15. O prezo pode variar en caso de máis anotados. Máximo 20 anotados.Anotarse no concello

OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL PARA NENOS - 11:00 a 13:00

Luns, 28 Decembro, 2015 - 00:00 a Mércores, 30 Decembro, 2015 - 23:59

Os días 28, 29 e 30 de decembro desde as 11 da mañá ás 13 horas. Neste curso de cociña impartido por Manuel Garea elaboraranse pratos típicos de Nadal no centro de maiores. Para pequenos/as a partir de 6 anos.

Prezo: No caso de anotarse 10 nenos/as o prezo sería de 24 €, 16€ no caso de 15 nenos/as. O prezo pode variar en caso de máis anotados. Máximo 20 nenos.Anotarse no concello.

Belen Vivente

Domingo, 27 Decembro, 2015 - 17:00 a Luns, 28 Decembro, 2015 - 16:59

Como en anos anteriores pretendemos escenificar o Nadal, polo que pedimos a colaboración de todos os pais e nais para levalo a cabo, que se celebrará o domingo 27 de decembro na Igrexa parroquial de Santiago de Boimorto, ás 17:00 horas, este ano buscamos que os nenos/as participen de forma activa no tema a través da representación.

CANTARES DE REIS DE BOIMORTO

Este evento ten como obxectivo fundamental o de fomentar a expresión artística e revalorizar a nosa identidade cultural, intentando recuperar a tradición dos Cantares de Reis que permanece aínda viva nesta nosa comarca e en moitas outras de Galicia.
Coa intención de conservala, darlle pulo e relevancia, este Concello de Boimorto convoca para o día 3 de Xaneiro de 2016, ás 16;30 horas o XII Certame de Cantos de Reis.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura