Deporte

Excursion a Portugal

Sábado, 11 Maio, 2013 - 00:00 a 23:59

O Concello organiza unha excursión para visitar duas zonas fermosas do país veciño, o Santuario do Bom Xesus (Braga) e Fortaleza (Valença do Minho). O prezo da excursión é de 25,00 € por persoa e inclúe o transporte, o almorzo e a comida.A saída farase dende o Campo do Rosario.
As inscrición faranse no Concello antes do 3 de maio, non perdades a oportunidade de visitar este privilexiados enclaves.
Mais información chamando ao Centro de Maiores 981 516 520.

Campamentos Deportivos Deputación da Coruña

Os Campamentos da diputación vanse levar a cabo no Calvo Sotelo (A Coruña) o noso Concello ten concedidas 3 prazas na quenda do 7 ao 13 de xullo de 2013. Para inscribirse debese facer antes do 16 de maio nas oficinas do Concello ou ben a través do seguinte enlace: http://www.dicoruna.es/cultura/campamentos-deportivos/triptico-ficha-ins...

Ximnasio Boimorto

A partir do mes de marzo, tódolos luns e mércores en horario de 18:00 a 20:00, a técnica de deportes estará no ximnasio para asesorar ós usuarios ou tamén para entrevistarse con aquelas persoas interesadas en facer uso deste servizo.

VI Trofeo Concello de Teo

Sábado, 9 Marzo, 2013 - 00:00 a 23:59

Os arqueiros de Boimorto, tanto os nenos coma os adultos, que veñen de conseguir varios trofeos no torneo celebrado o pasado mes de febreiro en Betanzos van participar no VI Trofeo Concello de Teo que se celebrará nese Concello o vindeiro sábado 9 de marzo.
Mais os exitos dos Boimortenses no acaban aqui, xa que o pasado 23 de febreiro, levouse a cabo no I.E.S. Sardiñeira (A Coruña) a 4ª xornada da II Liga Adarve de equipos na que os 2 equipos de boimorto acadaron o 2º e 6º posto.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deporte