Deporte

Marathon de Futbol Sala

Durante a fin de semana do 26 ao 28 de agosto celebrarase un Marathon de Futbol Sala no Polideportivo Municipal de Boimorto.
A competición terá duas fases, unha primeira fase de grupos dos que se clasificará o primeiro de cada grupo e unha segunda fase que será eliminatoria directa entre os clasificados.
A inscrición será de 120 € por participante.
Os premios a repartir serán os seguintes:
* 1.000 € + trofeo para o gañador.
* 600 € + trofeo para o Subcampeón.
* 300 € + trofeo para o 3º Clasificado.
* Trofeo para o 4º Clasificado.

Excursión ao Aquapark de Cerceda

O venres 5 de agosto iremos de novo de excursión ao Aquapark de Cerceda despois do éxito do ano pasado. A saída está programada para as 11:00h. desde o Campo do Rosario e o regreso ás 20:00h. Os interesados deberanse anotar no Concello antes do martes día 2 de agosto e contaremos cun límite de 50 prazas por orde rigorosa de inscrición. Como mínimo deberanse cubrir 30 prazas.
Os menores de idade non poderán ir sos e o acompañante que se faga cargo deles poderá levar un máximo de 5 cativos/as.

Excursión á praia

O venres 29 de xullo o Concello organiza unha excursión á praia de Montalvo (Sanxenxo). A hora de saída será ás 10:00h. desde o colexio e o regreso en torno ás 20:30. Poderán participar todos/as pero os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto que se faga responsable. Os interesados poderanse anotar no Concello antes do 27 de xullo. Haberá un límite de 50 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición e un mínimo de 30 participantes.
Esta excursión terá un custe de 9 € e non se incluirá a comida, os que vaian á excursión deberán levar cada un a súa comida.

Campamentos Deportivos

Un ano máis haberá dúas quendas en función das idades dos participantes. A primeira quenda será do 4 de xullo ao 8 de xullo para os de 11 a 16 anos, e a segunda quenda do 11 de xullo ao 15 de xullo para os de 6 a 10 anos. O asentamento das tendas será na área recreativa da piscina e non haberá a posibilidade de ir durmir á casa. Os rapaces chegarán acompañados dun adulto ás 17:00h. e serán recollidos o último día ás 12:00h. O prazo de inscrición remata o 1 de xullo para a primeira quenda e o 8 para a segunda.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deporte