O día 19 de marzo será a inauguración da Miniresidencia e centro de Día de Boimorto.
O acto dara comezo as 12 do mediodia coa recepción de personalidades e co descubrimento de placa conmemorativa. Acto seguido procederase a apertura das portas para que todo aquel que queira poida visitar o Centro.
Trala visita haberá unha degustación nunha carpa preto do edificio.
As fotos do evento:
Inauguración Miniresidencia e Centro de Día
Fotos Miniresidencia e Centro de Día
Do 13 ó 24 de xuño celebrarase este primeiro torneo de verán. Os usuarios do centro que estean interesados en participar deberán inscribirse no propio Centro falando con César.
A partir do mes de outubro, para calquera consulta nos Servizos Sociais deberán pedir cita chamando ó 981 51 60 75 ou no 981 51 65 20 (Centro de Maiores).
Infórmase ademais que os horarios de atención serán os que seguen:
* De 9:00h. a 13:30h. no Centro Social de Maiores
* De 13:45h. a 15:00h. nas oficinas do Concello.