Servizos Sociais

As administracións locais son as administracións que estan máis pretos dos cidadans, as que coñecen mellor os seus problemas e pesares. O primeiro punto onde acode o cidadan a solventar os seus problemas, e en Boimorto tratamos de solventalos con rapidez e profesionalidade. O Departamento que mellor reflicte este interese por facelo ben e que sempre esta ahí cando os veciños o necesitan é o de Servizos Sociais. Un dos departamentos máis activos, pois nos ultimos anos desenvolveronse ou melloraronse moitas iniciativas neste eido.

Unha das primeiras foi o Centro de maiores, que xunto coa consolidación dun servizo de axuda no fogar con máis de 50 usuarios constituen a base de partida dos servizos de atención social que se desenvolveron a posteriori. Outro dos fitos importantes foi a posta en marcha do Punto de Atención a infancia, que contan con 20 prazas para atender a nenos/as de entre 0 e 3 anos de xeito gratuito. E a gran aposta, a Residencia e Centro de Día que oferta 38 prazas residenciais e 20 de Centro de Día. Invitamosvos a seguir buceando nesta web para descubrir máis información sobre estes servizos.

Novas

Eventos

11/05/2013 - 00:00 a 23:59 Excursion a Portugal
26/01/2013 - 00:00 a 23:59 Excursion a San Andrés de Teixido.
02/07/2012 - 00:00 a 31/07/2012 - 23:59 Novas matriculas PAI Curso 2012-2013
15/06/2012 - 00:00 a 30/06/2012 - 23:59 Renovación matriculas PAI Curso 2012-2013