actividades

RESULTADOS 1ª XORNADA INTERMUNICIPAL DE BÁDMINTON

A xornada celebrouse o día 17 de xaneiro no pavillón de Trazo. O concello de Boimorto estivo representado nas categorías benxamín masculino (Ismael Regueiro), benxamín feminino (Noa Chorén e Mara Costoya) e alevín feminino (Sabela Lois, Silvia García e Lúa Costoya). A competición consiste en partidos entre todos os participantes da categoría, establecéndose a clasificación en función do número de partidos gañados.

·        Ismael Regueiro finalizou primeiro con 6 puntos (4 partidos gañados e 1 perdido).

COCIDO DE ENTROIDO NO CENTRO DE MAIORES

 O venres 13 de febreiro celebraremos no Centro de Maiores de Boimorto un bo cocido para festexar o Entroido.

Poden anotarse os que lles apeteza vir e pasar con nós un día de festa e celebración. Iso si, deberá haber un mínimo de 50 anotados.

O xantar será ás 2 do mediodía no mesmo centro e deberedes anotarvos antes do 9 de febreiro no Centro Social, pagando no momento de anotarse 12€ por persoa.

Curso básico de iniciación á informática e á internet para adultos

Curso básico de iniciación á informática e á internet para adultos, para formar grupo deberá haber mínimo 6 participantes, será durante os meses de febreiro, marzo e abril, todos os martes ás 8 da tarde na aula de informática (detrás de ABANCA). Todos/as os/as interesados/as acudir o primeiro día de clase, o 10 de febreiro.

Cabalgata Reis 2015.

O día 5 de xaneiro de 2015 un centenar de nenos e nenas e veciños de Boimorto congregáronse polas rúas principias do Concello para ver pasar os Reis Magos que repartiron caramelos e os bos desexos o seu paso. Os Reis previamente acudiron facer unha visita na Residencia A Magdalena de Andabao e a Residencia Municipal en Boimorto. Remataron no polideportivo no que agasallaron a todos nenos/as con chuches e cun pequeno detalle.

 

Páxinas

Subscribe to RSS - actividades