Emprego

Esta area é de grande relevancia no Concello pois no ambito rural non é precisamente traballo o que sobra. A creación de emprego é unha das actividades que máis hai que impulsar se se quere fixar xente nova no rural. Debido a que esta é a principal razón pola cal a xente nova deixa os concellos rurais para ir ás urbes onde existen mais posibilidades de traballo.

Asemade aproveitamos esta sección para publicar as seleccións de persoal que faga a xunta e outros organismos publicos.

Na actualidade o servizo de emprego deste Concello forma parte dunha agrupación de Concellos xunto cos de Arzua e Santiso. Mediante esta agrupación conseguiuse contratar unha técnica de prospección de emprego que asesora aos veciños dos 3 concellos á hora de conseguir traballo, curriculums,...

Asemade o Programa Clara tamen esta impulsando a formación de mulleres no ámbito do noso Concello axundandoas, en moitos casos, na consecución dos certificados de profesionalidade impostos polo Estado.