Aviso Legal

Aviso legal

O Concello de Boimorto pon a disposición dos usuarios de Internet a súa páxina web, co fin de proporcionarlles información e servizos. Esta institución non se fai responsable da información que outras persoas físicas ou xurídicas poidan ofrecer, ben a través da súa páxina ou de calquera outra que puidese estar relacionada con esta, nin se responsabiliza do uso que poidan facer terceiros da información aquí contida. O Concello de Boimorto pon a dirección de correo correo@boimorto.es a disposición dos usuarios para que poidan manifestar a través dela as súas queixas, comentarios, suxestión… en relación coa información que se proporciona a través deste portal.
  • Débese de advertir que a propiedade intelectual de tódolos contenidos do sitio web (textos, imáxes, fotografías, dibujos, gráficos, software, etc.) corresponden ó Concello.
  • Débese de establecer que a posta á disposición dos usuarios dos contidos non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito da explotación o seu favor distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do sitio web.
  • Débese de prohibir calquer uso dos contidos do sitio web e, en particular a súa explotación, reproducción, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquer medio, posterior publicación, exibición ou comunicación pública, as cales, de producirse, constituirán infracción dos dereitos de propiedade intelectual do Concello, sancionados pola lexislación vixente.

Titularidade do sitio web

En cumprimento da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 de 12 de Outubro, facilítase a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Actualización e modificación da páxina web

O Concello de Boimorto resérvase o dereito a actualizar, modificar e/ou eliminar a información contida na súa páxina web, así como a configuración e presentación dos seus contidos, en calquera momento, sen previo aviso e sen asumir responsabilidade algunha por isto.

Aspectos técnicos

Asemade, o Concello de Boimorto non asume ningunha responsabilidade que se puidese derivar de problemas técnicos ou fallos nos equipos informáticos, non imputables á súa páxina web, que se produzan durante a conexión á rede de Internet, así como dos danos que puidesen ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Concello de Boimorto. Esta entidade tamén queda exonerada de toda responsabilidade ante posibles danos ou prexuízos que poida sufrir o/a usuario/a a consecuencia de erros, defectos ou omisións na información que se facilite cando proceda de fontes alleas ao Concello de Boimorto.

Política de privacidade

Os datos de carácter persoal que nos faciliten a través desta web serán incorporados a un ficheiro de titularidade municipal cuxa finalidade é a xestión e control de usuarios da plataforma de administración electrónica. Poderán exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito, acompañado de fotocopia de DNI ou documento equivalente, que poderá ser presentado no Rexistro do Concello, enviado ó Concello de Boimorto, Rúa Vilanova, 1, 15816 Boimorto (A Coruña), ou á dirección de correo electrónico correo@boimorto.es .

Cookies

Poderá consultar a información sobre as cookies utilizadas neste sitio web na sección de política de cookies.