Gastronomía

A gastronomía constitúe un verdadeiro valor en alza en materia turística, non só os restaurantes, senón que as materias primas producidas en Boimorto teñen unha moi boa aceptación tanto en mercados locais como comarcais. Son famosos os queixos de elaboración artesanal que se confeccionan en Boimorto, curados ou frescos son un grande atractivos das feiras da comarca e xa non falamos dos elaborados por queixerías profesionais que converten o queixo nunha clase de arte baixo o paraugas da Denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

Outros dos puntos fortes da nosa gastronomía son os produtos avícolas que abastecen as nosas cociñas, tanto a carne como os ovos son do melloriño que podemos atopar no mercado. Así mesmo debemos destacar a carne de tenreira producida nas nosas ganderías tanto de produción ecolóxica como as de produción “normal”.

As materias primas son moi importantes pero tamén o é a forma de preparalas e niso si que temos verdadeiros mestres en Boimorto, os nosos restauradores: Casa Moncho, Café-Bar Vilanova e Parrillada A Cabrita. Os tres establecementos constitúen unha oferta variada para comer, lugares agradables e cociña caseira da maior calidade.

En canto a materias primas para abastecer a cociña son os ovos, que en Boimorto os atopamos en case que todas as súas variantes: campeiros, ecolóxicos,... e como non os producidos por particulares que logo venden. A esta actividade avícola temos que sumar a produción de carne de polo que comparte as mesmas variedades que os ovos.

Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa: queixos elaborados con leite de vaca, natural e enteiro, crudo ou pasteurizada procedente das razas: rubia galega, frisona, pardo-alpina e os seus cruces. Os gandeiros deste territorio souperon transmitir a téncia e o facer do queixo elaborado con este leite de vaca de pasta blanda e corteza lavada.

Queixería. Jesús Sánchez Millares (Dormeá): 981516452. Punto de Venda nas Corredoiras (Os Ánxeles)

Produtos agrarios: carne de vaca, verduras hortalizas

Micoloxía