Credenciais e Puntos de Información

A credencial é o único documento que acredita ao portador a condición de peregrino. A credencial non xera dereitos ao peregrino pero ten dúas finalidades prácticas:

 - Acceso ós albergues que ofrece a hospitalidade cristián do camiño.

 - Para solicitar a “Compostela” na catedral de Santiago.

A credencial do peregrino só pode expedila a Igrexa a través das súas institucións (bispado, Parroquia, Cofradía, etc. ou, en todo caso, a través de institucións que estean autorizadas pola Igrexa). Este documento é só para os peregrinos a pé, bicicleta ou a cabalo e débese selar unha ou dúas veces ó día (dúas obrigatorio se só se realizan os últimos cen kilómetros andando ou douscentos en bicicleta). Pódese selar nos lugares polos que pasa (selos de igrexas, refuxios, hoteis, bares....), indicando a data, para demostrar que se está efectivamente facendo a peregrinación.

A “Compostela”, que non compostelana, concédese solo a quen fai a peregrinación con sentido cristián “devotionis affectu, voti vel pietatis causa” (motivada pola devoción, o voto ou a piedade) e que, polo menos, realicen integramente os 100 últimos kilómetros a pé e a cabalo ou 200 en bicicleta. Non obstante, se non se poden realizar eses kilómetros a pé ou en bici e se chega directamente a Santiago por outros medios, aínda que non se poida conseguir este documento, si se pode ganar a indulxencia plenaria dos Anos Santos ou pasar pola porta Santa e tamén, naturalmente, pódese orar ante o Apóstolo, dar o abrazo a Santiago e participar na misa do peregrino.
Existen tamén outras credenciais que expiden diversos organismos, pero poden servir para a acollida nos refuxios pero non para conseguir a Compostela.