Actualidade

Excursión á Pista de Xeo do Coliseum

O sábado 15 de xaneiro iremos a patinar a pista de xeo da Coruña. Os interesados teñen de prazo para formalizar a súa inscrición ata o día mércores 12 de xaneiro nas oficinas do concello. O prezo é de 9 euros que inclúe o aluguer dos patíns, dúas horas na pista e a viaxe ida e volta no autocar. O número máximo de inscritos é de 50 e para realizarse a excursión precísase un mínimo de 25 asistentes. Poderán anotarse tanto nenos coma adultos, pero os nenos menores de 8 anos deberán ir acompañados por un adulto.
As fotos no seguinte enlace:

Visita dos Reis a Boimorto

Un ano máis os Reis Magos xa están de camiño a Boimorto e farán unha parada para ver e agasallar aos pequechos. Esperamos a súa chegada o 5 de xaneiro ás 18 horas.
Haberá moitas sorpresas e actividades programadas para esa tarde,NON FALTEDES.
As fotos do evento:
Visita dos Reis a Boimorto

VII Certame de Cantares de Reis

O concello de Boimorto un ano máis vai levar adiante este Certame que ten como primeiro obxectivo o de conservar e promover a nosa tradición popular.
O Certame vaise celebrar o domingo 2 de xaneiro no pavillón municipal ás 16:30. Contaremos con novas cuadrillas, ademais das de sempre, e destacamos a presenza dun grupo de Portugal. Durante o Certame poderemos ver un desfile de traxes tradicionais galegos, incluíndo o de Boimorto.
Haberá expositores de artesanía variada e churros con chocolate á venda.
Esperámosvos a todos/as ese día.
As fotos do evento:

Páxinas

Subscribe to Actualidade