Actualidade

Excursión á praia de Gandarío.

Todos os luns, mércores e venres de verán poderase ir a praia. A empresa Gomserbus fará unha parada nas Corredoiras sobre as 15:10h. e volverá as 20:00h.
Non fai falta anotarse só é necesario estar na zona da parada. O coste é de 8€ por persoa.
Os días que non faga bo tempo e nos festivos non haberá o servizo.
 

Ximnasio Municipal.

Durante estes meses de verán o ximnasio municipal contará con persoal cualificado para asesorar ós usuarios que queiran facer uso da instalación. Lembramos que para facer uso deste servizo debe posuírse o carné de socio o cal se pode tramitar nas dependencias do concello.

Matriculas Novas - Punto de Atención á Infancia (Garderia Municipal)

Ábrese o prazo de matrícula de novas admisións para o curso 2013/2014 dende o día 8 ó 26 de xullo de 2013. Todas aquelas persoas interesadas en matricular ós seus fillos/as poden pasar polo concello (departamento de servizos sociais) en horario de 9:00 h a 11:00 h.
Mais información no teléfono: 981 53 85 07 (en horario de 8:30 h a 16:30 h)

Páxinas

Subscribe to Actualidade