Actualidade

Domingos de Cine na Casa da Cultura

Actividade para todas as idades pero pensada para os pequenos da casa. Realizarase o terceiro domingo de mes na Casa da Cultura de Boimorto ás 17:30 horas. Esta actividade comezará o domingo 16 de outubro.
Nos domingos de cine proxectarase na casa da cultura unha película apta para todas as idades.

Outono Cultural na Casa da Cultura.

- Contacontos para adultos, do actor da TVG Santi Prego. O 8 de outubro ás 9 da noite.
- Obra de Teatro “Se o sei… non volvo a casa” a cargo do Grupo de Teatro Asociación Cultural Charamela de Melide. O 22 de setembro ás 9 da noite.
 

Curso de Galego para a preparación das probas do Celga

Este será un curso preparatorio para todas aquelas persoas interesadas en presentarse na próxima convocatoria de exames do Celga organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. O curso será realizado pola Técnica de Normalización Lingüística do Concello con experiencia en este tipo de cursos. Traballaremos a gramática nun primeiro lugar e despois realizaremos textos como os que se fan nas probas.

Páxinas

Subscribe to Actualidade