Aclaración sobre a Construcción dun Albergue de Pregrinos

Informase ós veciños de Boimorto que a Xunta de Goberno Local na sesión do 28 de maio de 2009 concedeu licenza urbanística (núm. 21/2009) para a construción dun Albergue de peregrinos á Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo. As obras de dito albergue aínda non comezaron a día de hoxe sen que dependa deste Concello dita situación.
Cómpre resaltar que a parcela na que se atopa a telleira e se pretende construír o albergue foi cedida ó Xacobeo por acordo na sesión plenaria de 28 de abril de 2006, polo que o Concello non é responsable directa nin indirectamente das actuacións que se leven a cabo en dita parcela, nin ten competencias en materia de contratación de obras sobre a mesma.

Categoría: