Actividades 2013-2014 . Centro de Maiores

O centro de maiores ofrece un amplo abano de actividades para todas/os as/os maiores do concello. Temos un ximnasio completamente equipado, que se ampliou neste mes, ofertando máis máquinas adaptadas ás vosas necesidades, ademais de ximnasia todos os luns, mércores e venres das 12:15 ás 13 horas.

Os luns de 11 a 12 temos manualidades, os martes no mesmo horario temos grafomotricidade e informática que remata ás 13h, habendo dous grupos de traballo. Todos os mércores de 11 a 12, tamén contamos cun taller de memoria, os xoves pola mañá haberá bingo e o segundo e último venres de mes e o haberán charlas informativas moi interesantes para todos, non só para o maiores. Están abertas a todas/os os veciñas/os, aínda que estarán orientadas cara ós nosos maiores para que estean informados e poidan aclarar calquera dúbida que teñan:

HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

11:00 – 12:00

manualidades

Grafom./informt

memoria

bingo

charlas

12:00 – 12:15

café

café

café

café

café

12:15 – 13:00

ximnasia

informática

ximnasia

bingo

ximnasia

Charlas do mes de novembro no Centro de Maiores:

  • Venres 15 de novembro a Cruz Vermella realizará no centro unha charla sobre primeiros auxilios orientada á xente maior e ós accidentes domésticos.
  • Venres 29 de novembro a DGT dará unha charla no centro sobre as medidas de seguridade vial-peatonal. Ademais repartiranse chalecos reflectantes.

Animámosvos a participar nestas charlas que serán de gran interese.