Axudas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello de Boimorto resultou beneficiario pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
da Xunta de Galicia das axudas destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema
nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.
 
OBXECTO DA CONVOCATORIA: Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais para a contratación durante nove meses de persoas mozas, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
 
A axuda concedida foi de 16.380,09 € para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a cunha duración do contrato de nove meses a xornada completa ( Procedemento TR350E).
 
RESULTADOS: Mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos que lle posibilite á persoa participante realizar un traballo efectivo que lle procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.

Categoría: