Bases Concurso de entroido 2026

Extracto das bases para o concurso de entroido 2026 a celebrar o 14 de febreiro de 2026:

2.MODALIDADES:
Haberá dúas modalidades, INDIVIDUAL OU PARELLA e GRUPOS (tres ou máis persoas que representen un mesmo motivo). O concurso realizarase cunha participación mínima en cada categoría de 3 participantes.

3. INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través do correo cultura@boimorto.es ou chamando o teléfono 981 51 60 20 (falando coa animadora sociocultural).

  • No caso de levar música o prazo de inscrición remata o venres 13 de febreiro antes das 15:00 horas.
  • No caso de non levar música ata media hora antes de que comece o concurso.

Deberase cubrir unha folla de inscrición.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO HORARIO ESTABLECIDO.

4. PREMIOS
Individual ou parella

  • 1º - 150€
  • 2º - 60€
  • 3º - 40€

Grupos (dende tres persoas)

  • 1º - 200€
  • 2º - 100€
  • 3º - 50€

Os/as participantes que resulten premiados daranse a coñecer unha vez rematado o concurso no polideportivo municipal que deberán estar presentes no momento da súa entrega.
Os premios están suxeitos a declaración segundo a lexislación vixente.
No caso de non haber participantes en algunha das categorías, o final da entrega de premios sortearase un dos premios desertos entre os asistentes.

Ver as bases completas 

Tags: 

Categoría: