Convenio coa Conselleria de Medio Rural - Prevencion e defensa contra incendios forestais

O Concello de Boimorto recentemente asinou o "Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boimorto para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027".

Dentro das actuacións recollidas neste convenio atopanse as dirixidas a constitución dunha brigada de prevención e extinción de incendios no Concello de Boimorto asi como labores de limpeza e prevención en viais municipais.

A axuda publica acadada dentro deste convenio é de 87.475,20 €, esta medida conta co cofinanciamento da Unión Europea a través dos Fondos FEADER nun 80%.

Categoría: