A Fundación Mulleres presenta CIUDADANAS, un proxecto que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia, a través dun Servizo de Apoio Integral a Coidadoras.
Recursos e servizos: apoio e asesoramento, talleres grupais ( saúde e autocoidado, habilidades persoais e comunicativas, alfabetización dixital), apoio psicolóxico e emocional, grupos de axuda.
Calquera persoa interesada en participar nalgún dos recursos ou servizos nomeados ( o cal será realizado en Boimorto cando teñamos un grupo de 12/15 beneficiarias), pode inscribirse a través da Técnica de Emprego.
Categoría: