VII Certame de Cantares de Reis

O concello de Boimorto un ano máis vai levar adiante este Certame que ten como primeiro obxectivo o de conservar e promover a nosa tradición popular.
O Certame vaise celebrar o domingo 2 de xaneiro no pavillón municipal ás 16:30. Contaremos con novas cuadrillas, ademais das de sempre, e destacamos a presenza dun grupo de Portugal. Durante o Certame poderemos ver un desfile de traxes tradicionais galegos, incluíndo o de Boimorto.
Haberá expositores de artesanía variada e churros con chocolate á venda.
Esperámosvos a todos/as ese día.
As fotos do evento:
VII Certame de Cantares de Reis

Categoría: