O departamento de deportes do Concello de Boimorto, encabezado pola Excma. Alcaldesa Ana Ledo Fernández e estructurado polo técnico de deportes, ten como obxetivo fundamental promover e fomentar a actividade física e deportiva e facela accesible a toda a cidadanía, creando hábitos de vida saudables, promovendo a educación en valores, mellorando a calidade de vida e favorecendo a socialización.
A oferta deportiva está orientada a toda a poboación, dende a máis nova ata a adulta. As actividades están estructuradas por tramos de idade, comezando cos máis cativos (Educación Infantil) en modalidades como psicomotricidade, pequebaile e proseguindo en niveis posteriores con diversas actividades como: patinaxe, fútbol sala, bádminton e multideporte ata os 16 anos. No campo da actividade física para adultos o programainclúe ximnasia de mantemento, levada ata as diversas parroquias do Concello, ó Centro de Maiores e á Miniresidencia e Centro de Día, pilates e cursos de natación. Con esto, trátase de cumplir o obxectivo de chegar ata tódolos interesados.
En temporada estival a programación muda co tempo, organizando actividades no medio acuático, campais, excursións, sendeirismo e nunca esquecendo a esencia do proxecto: fomentar a actividade física no Concello.
Anualmente teñen lugar unha serie de eventos deportivos de gran acollida, como a Carreira Pedestre Popular e Canicross que neste ano xa vai pola súa 8ª edición, a Festa do Neno, o Torneo de Fútbol 5, o Torneo de Tenis, as competicións deportivas en idade escolar e a clausura das escolas deportivas municipais, entre outros. Todo esto e máis, fan deste pequeno Concello un gran núcleo activo.
O Concello dispón de infraestructuras e instalacións para a práctica de diversas modalidades deportivas en distintos lugares e parroquias do municipio. Conta cun punto céntrico, Boimorto, onde se atopan o Pavillón Polideportivo Municipal rodeado de dúas pistas exteriores descubertas multiusos e tenis. Conta tamén con dous Campos de Fútbol de herba natural preto de onde se ubica a Piscina Municipal que se dispón rodeada dunha grande área recreativa con parque e merendeiro. Cabe salientar que o Concello tamén dispón dun Ximnasio con diversas máquinas de musculación e cardiovasculares.
En definitiva, a realidade técnica deste Concello é promover o deporte Para Todos, sin discriminación de idade, sexo, condición física e social, recoñecendo o dereito a moverse, a xogar, á alegría e á sociabilidade.
Novas
- ‹ anterior
- 7 de 10
- seguinte ›
Eventos
31/05/2013 - 00:00 a 23:59
Festa de fin de actividades infantís
20/05/2013 - 00:00 a 23:59
Excursión ás Pías
11/05/2013 - 00:00 a 23:59
Excursion a Portugal
05/05/2013 - 00:00 a 23:59
Ruta de sendeirismo - Etapa 1
06/04/2013 - 00:00 a 07/04/2013 - 23:59
Magreco 2013
23/03/2013 - 00:00 a 23:59
Reunión coa mocidade
09/03/2013 - 00:00 a 23:59
VI Trofeo Concello de Teo
03/02/2013 - 00:00 a 23:59
Excursión a Leitariegos
21/11/2012 - 00:00 a 28/11/2012 - 23:59
TERMALISMO NO "BALNEARIO DE BAÑOS DE BREA"
16/09/2012 - 00:00 a 23:59
VI Carreira Pedestre e Canicross de Boimorto
- ‹ anterior
- 7 de 9
- seguinte ›
- ‹ anterior
- 7 de 9
- seguinte ›