Reunión coa mocidade

Sábado, 23 Marzo, 2013 - 00:00 a 23:59

Lugar evento: 

Casa da Cultura - Ás 19:00 h.

Ó Concello de Boimorto gustaríalle poder contar coa mocidade do municipio para que se involucren e fagan seus os eventos culturais ou deportivos formando un grupo de colaboradores/as. Este grupo poderá colaborar activamente non só na realización da actividade, senon que tamen na sua organización propoñendo ideas e actividades. Os integrantes deben terentre 16 e 25 anos e estar empadroados no Concello, a inscrición farase no Concello e para obter máis información poden dirixirse a silvia no 981 51 65 20 ou no enderezo electróniconormalizacion@boimorto.es.
Por esta e outra iniciativas interesantes para a xuventude convocámolos para unha reunión informativa o vindeiro 23 de marzo ás 19:00 na Casa da Cultura. Prégase a máxima asistencia pois os temas que se van a tratar van ser interesantes para todos vos.