CANTARES DE REIS 2015

Sábado, 3 Xaneiro, 2015 - 16:00 a Domingo, 4 Xaneiro, 2015 - 15:59

Lugar evento: 

Polideportivo Municipal
 
Este ano teremos o Certame de Cuadrillas o día 3 de xaneiro, arredor das 4 e media da tarde no pavillón Deportivo Municipal. Animámosvos, un ano máis a participar como cuadrilla ou como público. Se montades unha cuadrilla podedes anotarvos no concello ou na dirección de correo silvia.cea@boimorto.es . Ademais desta vez e coa intención de que sirva de precedente convocamos para o día 10 de xaneiro o I Encontro Arredor dos Cantares de Reis. Contaremos como mínimo coas exposicións de sete amigos dos cantares de Reis e das expresións do folclore que nos darán unha visión destes cantares e costume dende as diferentes culturas peninsulares. Nin que dicir ten que se trata de xente de recoñecido prestixio no tema e que veñen dispostos a compartir, debater e gozar desta tradición tan nosa e tan de moitas outras culturas.