Certame de Cantares de Reis - X Edición

Sábado, 4 Xaneiro, 2014 - 00:00 a 23:59

Lugar evento: 

Polideportivo Municipal de Boimorto

Un ano máis estamos a poñer en marcha un novo Certame de Cantares de Reis.
Este ano pensamos que a data é ideal, pois o 4 de xaneiro cadra sábado.
O plan que propoñemos ás cuadrillas é chegar aquelas que poidan pola mañá arredor das once e iren cantar polas parroquias un pouco para quentar motores e recordarlle á xente que é tempo de Reices.
Ás 2 da tarde teremos o xantar de fraternidade de todas as cuadrillas participantes.
Polas cinco comezar a mostra e a cantata.
Este ano contaremos co Mago Antón que amenizará os intermedios das actuacións da cuadrillas.