Excursión: "Ruta do Mexillón"

Sábado, 10 Maio, 2014 - 00:00 a 23:59

Lugar evento: 

Saída da Praza Campo do Rosario - Ás 9:00 da mañá

Excursión á Ruta do Mexillón
O Sábado 10 de maio iremos de excursión ás Rías Baixas. Sairemos de Boimorto ás 9:00 da mañá. Ás 12 horas faremos un cruceiro pola Ría de Arousa con panorámicas submarinas a través do fondo do cristal do catamarán. Inclúe, ademais, unha parada nun parque de cultivo, nunha batea, e unha degustación a bordo de mexillóns ó vapor, camarón e viño, auga ou refrescos. O percorrido será guiado.
Ás 14 horas iremos xantar a un restaurante no Grove e pasearemos ata as 17 horas. Despois visitaremos a Illa da Toxa e regresaremos á Boimorto sobre as 19:30 horas.
O prezo por persoa é de 30€ e inclúe o transporte, o paseo en barca coa degustación e a comida.Deberedes anotarvos antes do 5 de maio para confirmar as reservas ben no concello ou no centro de maiores. No momento de anotarse deberase efectuar o pago. A excursión é para todas as idades.