II Edición da Ruta d´Tapas Entroido

Sábado, 25 Febreiro, 2017 - 09:00 to Martes, 28 Febreiro, 2017 - 23:00

Lugar evento: 

Locais de Boimorto

II Edición da Ruta d´Tapas Entroido con premio en Boimorto, durante os días 25, 26, 27 e 28 de febreiro de 2017, os bares participantes repartiran tapas relacionadas co Entroido: Café-Bar Rico, Café-Bar Carreira, Café-Bar Novo, Parrillada A Cabrita, Café-Bar Vilanova, Café-Bar Bobby, Mesón Nati, Café-Bar Luis, Café-Bar Maribel, Casa Moncho, Café-Bar Cardelle.

Como participar: durante os días 25, 26, 27 e 28 de febreiro poderase recoller nos bares participantes o cartón para poder concursar, onde se deberá cubrir os datos persoais, e cada vez que se consuma algo nos locais participantes e o establecemento deberá selarlle o cartón. Para poder entrar no sorteo débese consumir en todos os bares participantes na ruta, unha vez cuberto todo o cartón terase que entregar no último bar no que se consuma para entrar no sorteo.

O mércores día 1 de marzo de 2017, o Concello recollerá dos establecementos de hostalería participantes todas as caixas cos cartóns. O xoves 2 de marzo de 2017 as 12:00 realizarase o sorteo, publicamente para coñecer os gañadores.

Premios: 19 vales de compra por un valor total de 570€ para gastar nos establecementos do Concello.