Torneo Intercomarcal de Bádminton.

Sábado, 26 Abril, 2014 - 00:00 a 23:59

Lugar evento: 

Polideportivo Municipal.

   TORNEO INTERCOMARCAL DE BÁDMINTON
O Sábado 26 de abril o Concello de Boimorto albergará, no polideportivo municipal, a fase intercomarcal de badminton, que da acceso á clasificación para a fase provincial. Neste, os alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais do noso Concello, así como dos demais equipos que conforman a liga escolar, disfrutarán dunha divertida xornada deportiva, intentando acadar bos resultados para a participación na seguinte fase.