Festival

O festival chega á sua 8ª edición na fin de semana do 6, 7 e 8 setembro de 2019, ao igual que todas as edicións anteriores celebrarase na parroquia de Andabao. Durante unha finde de semana teremos en boimorto mais de 40 artistas que tocaran en 5 escenarios todos eles baixo o paraugas da gran Luz Casal e por unha causa solidaria

O festival da Luz é unha experiencia singular. A infraestrutura dun gran festival trasladada á nosa pequena localidade na que por uns días as parcelas agrícolas se transformarán no escenario dunha das citas culturas máis atractivas do ano.

Mais este evento non só é música, senón que ten cabida actividades dirixidas ao público de todas as idades e a mellor gastronomía de Galicia. E non remata aquí, pois o festival tamén reflexa o compromiso dos patrocinadores co desenvolvemento do medio rural, ao incluír na oferta do festival unha mostra das ideas máis innovadoras que se están a levar a cabo no rural.

Co paso dos anos foi gañando moito a ZONA INFANTIL que este ano conta cun gran numero de actuacións e actividades ao longo de toda a xornada, malabares, mimo, talleres de todo tipo, xogos populares, hinchables,....

Entrada solidaria:

Un día: 10 € / Dous días: 15 € 

A recadación solidaria para a asociación Anxiños (Atención a niños y adolescentes con trastornos mentales graves) e ASANOG (Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia).

  • Os menores de 12 años non pagan entrada.

Os menores de idade de 16 e 17 anos deberán acudir ó evento acompañados dunha persoa adulta responsable da súa seguridade e en caso de acudir sen adulto deben traer unha autorización.

E os menores de 16 anos deberán ir acompañados da nai/pai titor/a e traer autorización.

Cruz Vermella en colaboración co Concello facilitará unha pulseira identificativa os menores co telefono do seu responsable a aqueles que o soliciten.

A recaudación integra do festival destinase a causas beneficas nestes 7 anos de festival recaudaronse preto de 650.000 € que foron destinadas a diversas causas beneficas

Para más información y cartel completo de artistas: 

No desarrollo desta iniciativa o Concello conta coa colaboración de: