Excursión á Ribeira Sacra

Cartel do evento

Excursión á Ribeira Sacra

O sábado 11 de outubro imos de excursión á Ribeira Sacra.

Sairemos de Boimorto, da praza do Rosario ás 08:30 da mañá. Colleremos cara o embarcadoiro de Santo Estevo en Doade. Alí faremos unha bonita excursión no catamarán que nos levará pola ruta dos Canóns do Sil. Esta viaxe durará 2 horas aproximadamente. De aquí marcharemos xantar a Monforte de Lemos. A comida está prevista para as 14 horas, aproximadamente.

Despois dun bo xantar, colleremos dirección ó mosteiro de Oseira, unha ruta guiada por un dos mellores mosteiros de Galicia. E, rematada esta visita volveremos para Boimorto.

Hora de saída: 08:30h.    

Lugar: Campo do Rosario     

Hora aprox. de chegada: 20:00h.

Prezo: 26€ nenos/as e xubilados e 30€ adultos. O prezo varía polo custe das  entradas  do     catamarán.

Anotarse na casa do concello ou no centro de maiores. O prezo deberá pagarse no momento de reservar a praza. Deberá haber un mínimo de 52 anotados para a realización da excursión, en caso de non haber estes anotados suspenderase.

O PRAZO PARA ANOTARSE REMATA LUNS 6 DE OUTUBRO, QUEDANDO O GRUPO CERRADO POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN.