Normalización

FEIRA DE ÉPOCA NO CONCELLO DE BOIMORTO

Sábado, 2 Agosto, 2014 - 00:00 a 23:59

O sábado 2 de agosto celebrarase na Telleira a primeira Feira de Época. Estará ambientada no mediado do século pasado e animamos ós asistentes a que veñan vestidos acorde coa feira ( saias longas, zocos, pañoletas na cabeza, pantalóns de pana, chaleco…, como se vestía aquí hai anos).
Contaremos con postos de artesanía, de pulpo para o queira comer na feira e con música que animará a festa.
Animádevos e formade parte desta feira.

FEIRA MENSUAL DO CONCELLO DE BOIMORTO

Xoves, 3 Xullo, 2014 - 00:00 a 23:59

O primeiro xoves de mes segue a celebrase a feira mensual do noso concello. Nela atopamos todo tipo de produtos, desde roupa, calzado, froita…ata o pulpo que se pode tomar na casa Moncho ou levalo para a casa se se quere.
Animámosvos a que veñades á feira de Boimorto.

Convocatorias Concello.

Convocanse a seguintes prazas no Concello de Boimorto:
Persoal técnico de informacion orientación e prospección de emprego
Socorrista
Bolsa emprego Auxiliar Xeriatria III

Comida de Nadal no Centro de Maiores

Venres, 20 Decembro, 2013 - 00:00 a 23:59

O venres 20 de decembro celebraremos o Nadal no centro de maiores. Faremos unha comida para todos aqueles maiores que queiran acudir. Teremos un xantar típico de Nadal e sortearemos unha cesta de produtos típicos entre os asistentes.
Para asistir só hai que anotarse no concello ou no centro de maiores antes do 16 de decembro. O pago realizarase no momento de apuntarse.
NON FALTEDES.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Normalización