O concello de Boimorto, ante a demanda dalgúns veciños/as, quere solicitar un curso de galego. Estes cursos, gratuítos, son preparativos para despois presentarse ás probas do Celga. O curso dura dous meses aproximadamente e serían dúas horas por clase, cinco días á semana e o horario pódemolo solicitar nós. Hai diferentes niveis, solicitaremos o que consideremos máis apropiado para os que se anoten. Para poder realizar o curso debe haber un mínimo de 20 anotados, por iso ímolo pedir conxuntamente con Mesía e Sobrado.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- …
- seguinte ›
- última »