Festa da Auga

Domingo, 20 Xullo, 2014 - 00:00 to 23:59

Levaranse a cabo xogos, ximkana e probas con auga na piscina municipal de Boimorto.

Torneo Intercomarcal de Bádminton.

Sábado, 26 Abril, 2014 - 00:00 to 23:59

   TORNEO INTERCOMARCAL DE BÁDMINTON
O Sábado 26 de abril o Concello de Boimorto albergará, no polideportivo municipal, a fase intercomarcal de badminton, que da acceso á clasificación para a fase provincial. Neste, os alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais do noso Concello, así como dos demais equipos que conforman a liga escolar, disfrutarán dunha divertida xornada deportiva, intentando acadar bos resultados para a participación na seguinte fase.

Excursión: "Ruta do Mexillón"

Sábado, 10 Maio, 2014 - 00:00 to 23:59

Excursión á Ruta do Mexillón
O Sábado 10 de maio iremos de excursión ás Rías Baixas. Sairemos de Boimorto ás 9:00 da mañá. Ás 12 horas faremos un cruceiro pola Ría de Arousa con panorámicas submarinas a través do fondo do cristal do catamarán. Inclúe, ademais, unha parada nun parque de cultivo, nunha batea, e unha degustación a bordo de mexillóns ó vapor, camarón e viño, auga ou refrescos. O percorrido será guiado.

Charla: "Roubos no Rural" - Grupo Roca, Garda Civil

Luns, 28 Abril, 2014 - 00:00 to 23:59

O Grupo ROCA da garda civil, encargados de investigar os roubos en núcleos rurais organiza ovindeiro 28 de abril ás 12 da mañá unha charlainformativa na Casa da Cultura sobre os Roubos no Rural e de como evitalos e previlos.
É importante acudir porque o grupo dará moi bos consellos aos nosos/as veciños/as.
Decálogo de Boas practicas para evitar roubos.

Páxinas

Subscribe to RSS -