Magreco

Historia de Magreco:

Magreco nace no ano 2012 mais non con este nome, senon que como unha exposición de maquinaria agricola. En vista do éxito acadado nesta edición decidese ir un paso máis aló incluindo os productos ecolóxicos e a artesania no ano 2013, esta é verdadeiramente a I edición da Feira Magreco 2013.

Neste ano a maiores dos productos ecolóxicos e artesania engadimos unha exposición de maquinaria agricola antiga, acadando un exito de publico que non se agardaba e descubrimos que as exposicions propostas eran un bo complemento para a maquinaria.

Esta boa acollida da feira animounos a dar un paso mais incluindo na segunda edición, ano 2014, unha poxa de xovencas de raza frisona, que reuniu en Boimorto unha ducia das mellores novillas da provincia e unhas 300 persoas ao redor da rampa de poxas interesadas en poxar ou ben en participar no sorteo da becerra.

Edicion 2019:

A edición 2019 celebrarase durante os días 30 e 31 de marzo nos arredores do polideportivo municipal e conta como principal novidade con simuladores de condución de tractores e maquinaria forestal, e un festival de música. Entre as actividades que se levarán a cabo atópanse a tradicional poxa de xovencas, a exposición de razas autóctonas, a degustación de filloas, os diferentes obradoiros de oficios e o concurso de habilidade con minipala.

Coma todos os anos iremos publicando no facebook da feira as novidades e horarios da feira:  https://www.facebook.com/magrecoboimorto 

Non esquezas a tua cita con Magreco!!!

Agardámoste en Boimorto o 30 e 31 de marzo 2019!!!!