Urbanismo

Dende sempre esta área é unha das máis problemáticas en especial coa desconfianza que agora se ten nesta materia. No caso de Boimorto, tentamos facer desta área o máis clara e aberta posible para que os veciños saiban que está a ocorrer en materia urbanística no seu concello.

Seguindo esta idea no ano 2004, ante a necesidade de que todas as vivendas tivesen acceso ós servizos básicos, decidiuse por en marcha un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que substituise as anticuadas Normas Subsidiarias polas que se rexia o Concello ata daquela.

Con esta nova organización do territorio o que se conseguiu é determinar exactamente onde se pode construir, plantar,... Como resultado obtense unha disposición de solo equilibrada pois xa non se pode construir onde un queira, co que se xuntan os nucleos de poboación, e o resto do solo repartese entre protección forestal e proteccion agropecuaria segundo as caracteristicas dos mesmos e os usos que se lles viña dando.

Acceso ó PXOM aquí

Novas

Eventos

No hay eventos disponibles.